Share
20/02/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Oh, Mammi Blue!

  • Espectáculo teatral a cargo de Cinema Sticado

Oh, Mammi Blue!
Rede galega de teatros e auditorios

OH, MAMMI BLUE! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. 

A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

OH, MAMMI BLUE! é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. 

Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.