Oh, mammi blue!
Espectáculo teatral a cargo de Cinema Sticado

Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal.
A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.
A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.
Oh, mammi blue! é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade.
Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.