Oh!
Espectáculo de teatro familiar a cargo de AsSircópatas
Nun mundo feito de libros, alguén ordena ringleiras perfectas nunha rutina acompasada, sen fendas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde: comeza así unha viaxe inesperada guiada polo desexo de ver o mar.
Oh! é o novo espectáculo de AsSircópatas, unha peza de danza e circo para público familiar con música en directo. Un universo onde a escenografía se transforma e acompaña cada descubrimento. Unha viaxe sorprendente que nos lembra que, ás veces, abonda un pequeno xesto para que todo cambie.
Ficha artística
Autoría: Dani Blanco
Dirección: Paula Quintas e Arturo Cobas
Escenografía: Salva Neira
Vestiario: María Dobronich e Alicia Root
Música: Nerea Carpente e Alicia Root
Coreografía: Paula Quintas
Elenco artístico:
Dani Blanco - actor
Nerea Carpente e Alicia Root - músicas en escena