Share
08/11/2024 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Ode to Mount Hayachine

  • vida rural, tradición, folclore, xapón

Ode to Mount Hayachine
Ampliar os afectos. O cine de Sumiko Haneda

Preto da montaña Hayachine, dous grupos de bailaríns e músicos interpretan unha danza preservada xeración tras xeración, o kagura, que combina rituais, lendas mitolóxicas e episodios históricos. O sinuoso retrato da vida nestas comunidades abrangue un ano completo, en que a música (os festivais e as tournées) ou a artesanía (a morfoloxía das máscaras) conflúen coa agricultura (a silvicultura e o cultivo do tabaco) ou a arquitectura (a demolición dos tellados de palla).