18/02/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Objeto de estudio. Proxección e coloquio con Raúl Alaejos
Presentación da película a cargo do seu director, Raúl Alaejos

Fóra de serie
A sombra do obxectivismo antropolóxico persegue un torpe director que experimenta metodolóxica e formalmente ao redor do acto obsceno de rodar poboacións nativas na localidade máis setentrional.
Alí, Robert Peary, explorador norteamericano, pensou hai máis de 100 anos que a única maneira de que un ser humano alcanzase o Polo Norte sería ter fillos con inuits para crear unha súper-raza que axuntase a fortaleza esquimó e a clarividencia do occidental.
Tras os pasos desta extravagante teoría camiña este ensaio fílmico en busca desa súper-raza.