Share
04/11/2022 - 19:30h | Casa da Cultura Pintor Lloréns | Sada

O Xardin de Vila Gris

  • Espectáculo teatral a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano

O Xardin de Vila Gris
Rede galega de teatros e auditorios

Martín vive nun dos últimos rincóns verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida.

Pero non todo é tan sinxelo nin tan fácil. En Vilagris, unha cidade ateigada de edificios, onde a xente corre sen parar e sen pensar, unha seria ameaza sobrevoa a Martín: Don Nefasto Funesto, un ambicioso constructor de monstruosos edificios, quen adora os cartos máis que nada no mundo, pretende apropiarse dese lugar, arrincar todas as árboles e construir nel unha torre de cemento tan alta que non deixe ver a luz do sol.

Martín nin por asomo está disposto a perder o seu pequeno paraíso, e Don Nefasto nin por asomo está disposto a perder todos eses cartos. Martín non cede, pero Don Nefasto tampouco.

Non obstante, mentras as historias discorren, o último lugar verde de Vilagris corre un grave perigo.