Share
15/06/2025 - 19:00h | Auditorio Municipal | Vilagarcía de Arousa

O último que apague a luz

  • A Vela Circo

A Vela Circo
Cultura no Camiño

Desde o humor e o circo este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar?

Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o por que de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis desternillantes que podas imaxinar. Neste ritual como en toda gran voda entremézclanse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamiento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.