18/07/2024 - 20:00h
| Praza do Concello
| O Pino
O último que apague a luz
Espectáculo de Novo circo a cargo de A vela Circo

Cultura no Camiño
Neste espectáculo o público asistirá a unha boda! Esta cerimonia busca ser un momento de humor e de reflexión. De reflexión dos roles de xénero, das novas tradicións: o puro para os homes e o lanzamento olímpico de ramo para as mulleres; se o amor é un acto de rebeldía. Neste espectáculo, coma en calquera boda, hai equilibrios con tarta, malabares, clown… Agardamos por vós para a nosa celebración!