Share
12/11/2023 - 16:45h | Centro Cultural Avenida | A Rúa

O ritmo do camiño

  • Espectáculo de maxia a cargo de A Tropa de Trapo

O ritmo do camiño
Rede galega de teatros e auditorios

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.

Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.

Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se vai atopando e Wamba falaralle a Antía de cómo ve Europa despois de tantos anos intentando sobrevivir. Os dous xuntos na distancia, correo a correo, paso a paso, descubrindo o ritmo dos seus novos pasos.