Share
09/10/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

O que xermola no lume

  • Espectáculo a cargo da Tríptica Teatro

O que xermola no lume
Rede galega de teatros e auditorios

Cada verán, en Galicia, o lume regresa.

E despois do lume, que queda?

O que xermola no lume é unha peza de teatro físico e creación contemporánea que aborda os incendios forestais como ferida colectiva e como punto de transformación. A través do corpo, a luz e a música a obra propón unha viaxe escénica que transita da destrución ao renacer, da soidade á forza da comunidade.

O proxecto nace dun proceso de investigación que inclúe entrevistas, enquisas e accións de mediación con persoas e territorios afectados polos lumes. A creación constrúese dende Galicia e co territorio no centro, traballando exclusivamente con mulleres novas emerxentes e apostando por equipos artísticos sostibles e colaborativos.

A peza combina linguaxe física, dramaturxia fragmentaria e poética visual para conectar con públicos diversos, abrindo un espazo de reflexión e encontro arredor do coidado, a memoria e a rexeneración.

Ademais, unha porcentaxe do caché de cada función destínase a asociacións e comunidades afectadas polos incendios.

Porque do lume tamén pode xermolar algo novo.

 

Ficha artística

Autoría: A Tríptica Teatro

Dirección: Diana Longa e Belén Bouzas

Adaptación: A Tríptica Teatro

Escenografía: Noa Iriarte

Deseño sonoro: Carabela

Deseño iluminación: Noa Iriarte

Vestiario: Laura Merchán

Música: Carabela

Coreografía: Gema González, Diana Longa e Belén Bouzas

Elenco artístico: Gema González