Share
21/06/2024 - 20:00h | Auditorio do concello | Nigrán

O que non se ve

  • Espectáculo de danza a cargo de Et Suseia Danza

O que non se ve
Cultura no Camiño

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral.

Coreografías creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto, mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.