Share
03/05/2024 - 20:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

O punto impropio

  • Espectáculo de danza a cargo da compañía javier martín

O punto impropio
Rede galega de teatros e auditorios

Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción se distorsiona e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós énos alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?

 

[A/S/V] O punto impropio elabora movemento, son e imaxe en tempo real:

unha sorte de rexistro e composición auditiva (A), somática (S) e visual (V) que, en exercicio resonante, activa e resignifica a coreografía.