Share
26/09/2024 - 11:30h | Casa da Cultura " Ramón Martinez López" | Boiro

O pequeno poni

  • Espectáculo de teatro a cargo de Redrum Teatro

O pequeno poni
Rede galega de teatros e auditorios

Luismi é un neno de nove anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, 'O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros.  

Esta é unha obra sobre o acoso escolar,  esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos. 

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014.