Share
10/04/2026 - 20:00h | Centro Social de Abanqueiro | Boiro

O monstro de cores

  • Un espectáculo de narración oral a cargo de A Xanela do Maxín

O monstro de cores
Rede galega de teatros e auditorios

O MONSTRO DE CORES espertou algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar. Monstro e nena vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma. 

Este espectáculo teatral, baseado no popular libro de Anna Llenas, convértese nunha viaxe chea de cores, música e xogo, onde as nenas e nenos, xunto coas familias, descubrirán que as emocións son amigas que hai que coidar e entender.