O mellor e o peor dos 80 e 90
Espectáculo de música a cargo de Carta de ajuste

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música. Cabe destacar que Carta de Axuste presenta unha formación pouco usual, tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando, desde un punto de vista diferente, cancións que levamos escoitando toda a vida. Vamos, que dis para os teus adentros... Para ser dous moito ruído fan!