13/07/2025 - 16:15h
| Beche Folgoso
| Abegondo
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
Espectáculo de maxia a cargo do Mago Antón

Cultura no Camiño
No magomobil e percorrendo os concellos de Galicia o mago Antón celebra 50 anos de maxia. 50 anos explorando os límites do imposible. 50 anos nos escenarios cun espectáculo que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. “50” significa mellora, crecemento, liberdade e felicidade. É a culminación de algo e o comezo dunha nova etapa.