07/07/2023 - 15:00h
| CEIP Pío Cabanillas Gallas
| Dozón
O lobo feliz
Espectáculo de teatro a cargo de Miguel Guido

Cultura no Camiño
Abonda de historias de lobos feroces...É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!
O lobo feliz é un contacontos musicado basado no conto do mesmo nome, e contado polo seu protagonista (interpretado polo autor, Miguel Guido).
Un contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia!