O libro da selva. O musical
Un espectáculo de teatro musical a cargo de Ártika Cía
A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.
Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… Conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?
Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… E para todas as familias que queiran deixarse levar pola forza da aventura.
Ficha artística
Autoría: Adaptación do conto tradicional de Kipling levado a musical por Ártika Cía
Dirección: Marcos Alonso
Escenografía: Gustavo Brito
Deseño son: Anxo Fernández
Deseño iluminación e música: Anxo Fernández
Vestiario: Gustavo Brito
Coreografía: Rocío Salgado
Elenco artístico: Yoel Alonso, Fernanda Barrio Barcala, Irene Lorenzo Rei, Marcos Alonso, Rocío Salgado