Share
02/08/2025 - 20:15h | Praia fluvial de San Clodio | Ribas de Sil

O grúfalo

  • Espectáculo de teatro a cargo de Carmen Domech

O grúfalo
Cultura no Camiño

Tres historias acontecen na fraga.

"O Grúfalo" está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.

Conta a historia dun ratiño que pasea pola fraga e se atopa cun raposo, cun moucho e cunha serpe. Os tres queren papalo. O enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. E cal é a súa sorpresa cando ve fronte a el a súa fantasía feita realidade. E con ganas de merendar... ratiños, por exemplo. Pero, o noso rato coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes ca el.

"Shhh! Temos un plan". Baseado no libro de Chris Haughton.

Catro amigos van pola fraga; ao ver un paxariño, queren cazalo. Salvo o máis pequeno, que decide axudalo para que poida vivir en paz. Non todos os plans perseguen o mesmo... Unha divertida historia chea de acción e alegría de vivir.

"Na fraga". Os chíos do paporroibo contan o que acontece na fraga. As historias das árbores, da raposa, do xabarín. Historias con sorpresas que nos fan rir.