O grande incêndio
Coprodución de Sarabela Teatro coa compañía portuguesa A Escola da Noite. Estrea

O grande incêndio é unha fábula sobre dúas vilas situadas no val xunto a un regato e separadas por unha ponte. Por un lado do regato medran as vides e polo outro pacen bois, vacas, cabalos e ovellas.
De súpeto, suceden diferentes acontecementos naturais que afectan só un deses pobos, mentres que o outro entra un periodo de prosperidade económica . Mesturase o real coa fantasía. Apálpase a desigualdade entre ricos e pobres.
Os feitos sorprendentes comezan coa morte inexplicable dun merlo. Unha terrible seca, á que lle segue unha enchente, acaba por transformar o regato en río e destrúe boa parte dunha destas vilas. Entre as desgrazas tamén se inclúe unha estraña febre contaxiosa que azouta esta mesma vila e que se cobra numerosas vítimas mortais. Xorden diferentes reaccións e inquedanzas diante das catástrofes medioambientais. A distancia física e emocional segue medrando ao longo da obra, sendo a historia dunha parella de namorados o maior contrapeso a esta separación e á perda dos lazos comunitarios. Por desgraza, nin o amor pode con tanto. A disolución da unidade acaba por ser total. Cando se produce un enorme incendio na vila afectada e destrúe todo, os superviventes soben a un barco e tentan chegar ao outro lado, pero agora o regato xa é tan ancho coma un océano.