Share
24/07/2026 - 20:00h | Praza dos Irmáns García Naveira | Betanzos

O estraño caso do dentista da rúa Brasov

  • Un pasarrúas a cargo de Troula Animación

O estraño caso do dentista da rúa Brasov
Cultura no Camiño

Esta é a historia dun destista dos Cárpatos ambulante,  que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta. A través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas (clown , música en directo, maxia, títeres... ) coñeceremos o seu curioso pasado, e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

Corría o ano 1913 cando naceu o noso  protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos.

Era unha noite de inverno e un precioso neno nacía, pero non era un bebé normal, era o primeiro bebé do mundo con dentes.

A partires daquel día todo sería diferente, o noso personaxe xa desde moi pequeno tiña unha curiosa fixación polos dentes.

Empezou a gatear na consulta do seu pai,  as  súas primeiras palabras foron, dente, endodoncia, empaste .Con só  tres anos cáeselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite meteu o seu dente debaixo da almofada agardando a chegada do Rato Pérez, a Fada dos dentes, ou cualquera outro ser máxico que pudiera realizar o seu soño, era a ilusión da súa vida, ver que regalo tería aquela noite, el non ía durmir.

Pero algo inesperado cambiaría o rumbo dos acontecementos....

Espectáculo de nova creación, no formato de teatro itinerante e animación de rúa, ambientado na Europa do Leste de principios do Siglo XX.