Share
12/07/2025 - 20:00h | Rúas da vila | Cambados

O estraño caso do dentista da rúa Brasov

  • Troula Animación

O estraño caso do dentista da rúa Brasov
Cultura no Camiño

Esta é a historia dun dentista dos Cárpatos ambulante, que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta. A través de xiros inesperados da historia, e utilizando diferentes técnicas (clown, música en directo, maxia, monicreques), coñeceremos o seu curioso pasado e descubrirá unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

Corría o ano 1913 cando naceu o noso protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos. Era unha noite de inverno e nacía un precioso neno, pero non era un bebé normal: era o primeiro bebé do mundo con dentes. A partir daquel día, todo sería diferente. O noso personaxe, xa desde moi pequeno, tiña unha curiosa fixación polos dentes.

Empezou a gatear na consulta do seu pai; as súas primeiras palabras foron: dente, endodoncia, empaste. Con só tres anos caéuselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite meteu o dente debaixo da almofada, agardando a chegada do Rato Pérez, a Fada dos Dentes ou calquera outro ser máxico que puidese facer realidade o seu soño. Era a ilusión da súa vida: ver que agasallo recibiría aquela noite. El non ía durmir.

Pero algo inesperado cambiaría o rumbo dos acontecementos...