Share
21/11/2025 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

O espírito de Vania

  • Espectáculo teatral a cargo de Machi Salgado

O espírito de Vania
Rede galega de teatros e auditorios

Chékhov segue a ser un autor contemporáneo que nos  interpela directamente, e Tío Vania é unha obra á que sempre paga a pena volver. O noso reto é contar esta historia dun xeito persoal e renovado, cunha mirada libre de prexuízos, coma se a descubrísemos por primeira vez.

Queremos que o público máis novo atope nela unha voz actual  e que quen xa coñece a obra descubra novos matices. A través de Tío Vania, conectamos coas inquedanzas do mundo actual e da sociedade galega: a crise dun sistema que se esgota, o feminismo, o ecoloxismo, as desigualdades sociais ou a precariedade económica. Chékhov observa o colapso da súa época desde a intimidade, convertendo a crise do sistema nunha crise persoal. A aparente sinxeleza da obra agocha múltiples capas e lecturas. Cada nova lectura ofrece unha perspectiva distinta, facendo que Tío Vania sexa sempre unha obra por descubrir.