Share
29/05/2024 - 18:15h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

O dragón de ouro | Sarabela Teatro

O dragón de ouro | Sarabela Teatro

Sarabela Teatro presenta, por primeira vez en galego, O dragón de ouro, unha traxedia contemporánea performática con ton grotesco de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado a nivel internacional. Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña dun restaurante asiático de comida rápida. Non ten permiso de residencia nin atopa a súa irmá desaparecida. O espectáculo aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade. Unha posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único.

 

70 MINUTOS

 

Autoría: Roland Schimmelpfenning

Dirección e adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda

Tradución: Catuxa Pato

Escenografía: Iris Blanco

Iluminación: Laura Iturralde

Son: Vadzim Yuknevich, Renata Codda Fons

Vestiario: Ruth Díaz Pereira

Música: Vadzim Yuknevich

Dirección de movemento: Rut Balbís

Asesoramento textual: A compañía María Peinado

Elenco: Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago, Fernando González