Share
31/01/2026 - 20:30h | Teatro Pastor Díaz | Viveiro

O dragón de ouro

  • Unha produción teatral de Sarabela Teatro

O dragón de ouro
Rede galega de teatros e auditorios

Sarabela Teatro representa en galego, O dragón de ouro, unha traxedia contemporánea performática con ton grotesco de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado a nivel internacional. Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña dun restaurante asiático de comida rápida. Non ten permiso de residencia nin atopa a súa irmá desaparecida. No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a fábula da cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á formiga que lle dea de comer.

O espectáculo aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal ou a prostitución forzada, con humor fino e unindo fantasía e realidade. Unha posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único.

 

Autoría: Roland Schimmelpfenning

Dirección e adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda

Tradución: Catuxa Pato

Escenografía: Iris Blanco

Iluminación: Laura Iturralde

Son: Vadzim Yuknevich, Renata Codda Fons

Vestiario: Ruth Díaz Pereira

Música: Vadzim Yuknevich

Dirección de movemento: Rut Balbís

Asesoramento textual: A compañía María Peinado

Elenco: Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago, Fernando González

 

Duración: 70 minutos