Share
09/12/2023 - 19:30h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

O asasino do tango

  • Espectáculo de música a cargo de Ensamble IULIUS XIII

O asasino do tango
Rede galega de teatros e auditorios

Concerto dedicado ao gran compositor arxentino Ástor Piazzolla, pouco despois de cumprirse os 100 anos do seu nacemento. Un artista que aínda hoxe segue suscitando unha gran polémica. Mentres que para uns foi «o asasino do tango», para outros foi «o gran Ástor». Odiado ata no ámbito da música académica, chegou con todo a converterse nunha estrela mundial e embaixador cultural do seu país.

Gozaremos dalgunhas das súas obras máis famosas en versións vocais e instrumentais a cuarteto do Ensamble IULIUS XIII.