Share
17/05/2026 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

O arcón de Noa

  • Espectáculo de danza a cargo de Amarelo Cía

O arcón de Noa
Rede galega de teatros e auditorios

Noa é unha nena duns oito anos que vive coa súa nai nunha casa apartada, sen irmás ou amigues con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello, inservible e apagado no seu mundo solitario. 

Un día, sen decatarse, activa unha sorte de encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón. Alí atopará seres diferentes que a farán descubrir mundos descoñecidos e fascinantes. Pero non todo é diversión dentro do arcón, tamén hai perigos agochados que Noa terá que sortear, coa axuda das súas novas compañeiras.

O ARCÓN DE NOA é unha historia de fantasía que nos mostra outros mundos posibles e maneiras de chegar a acordos e compartir espazos co que nos resulta alleo e diferente, para mostrar a idea dun mundo posible máis xusto e igualitario. 

 

Ficha artística

Autoría: Lilian Portela e Daniel Rodríguez

Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez

Escenografía e iluminación: Nacho Martín

Música e deseño son: Bruno Baw e LLXNTO 

Elenco artístico: Raquel Ferradás, Clara Ferrão, Uxía Rivas