01/12/2023 - 20:30h
| Salón Teatro
| Santiago de Compostela
Nus
De Cèlia Marcé | D10! Encontro para a formación e innovación no circo

Nus (nó) refírese a un nó físico, lazo que se fai nun fio. Tamén a un estado de nudez e ao principio da palabra nosaltres (nos).
Cantos xeitos hai de vivir unha perda? Canto dura o loito? Remata?
O espectáculo narra a experiencia personal dunha perda a partir da poesía, a imaxinación e toques de humor para visibilizar sen complexos o loito e os diversos xeitos de transitalo.
Nus é unha peza de circo contemporáneo en “solitario” que, a través dun trapecio fixo, un polipasto (sistema de poleas) e a figura dun cabalo, somerxe o espectador nun imaxinario cotiá e cru, fantástico e onírico.