Share
12/11/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Nueve reinas

  • Fabián Bielinsky, 2000

Nueve reinas
Fóra de serie

Nueve reinas propoñía o pracer que provoca unha historia armada con notable precisión sobre dous estafadores (interpretados por Ricardo Darín e Gastón Pauls), deses profesionais do engano que aparentan ser e facer certas cousas para obter algo de forma ladina, cunha trampa de elaboración non poucas veces sofisticada que a vítima non debe detectar. (…) sorprendía co seu final para moitos totalmente inesperado; pero para chegar a esa instancia vistosa e apaixonante non necesitaba cravarnos un puñal por detrás, nunca traizoaba a nosa fe no narrador. (Javier Porta Fouz)