07/12/2025 - 17:30h
| Auditorio Baldomero Cores
| Cee
Nube nube sol
Espectáculo teatral a cargo de Teatro ó cubo

Rede galega de teatros e auditorios
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.