Núa
Un espectáculo de Cali Danza
Núa é unha peza de danza contemporánea interpretada por mulleres que explora o concepto de capas e a idea de nudez. Presenta unha escena minimalista cun centro sinalado que simboliza o corazón, desde onde nacen as pulsións que marcan o ritmo da obra. O movemento transita entre a expansión e a contracción, nun fluxo físico e emocional. A estética sinxela reforza a sensación de esencialidade, co foco na muller e na súa interioridade. É a terceira creación de Cali Danza dedicada a celebrar e reivindicar o feminino.
Ficha artística
Autoría e dirección: Alba Felpete Facal
Escenografía: Alba Felpete Facal
Deseño sonoro: Sabela Ramil
Deseño iluminación: Escoitame Producións
Vestiario: Entre Hilo y Tela, CALI
Música: Daniel Calvo
Coreografía: Alba Felpete Facal
Elenco artístico
Bailarinas: Irma López de Gamarra Lorenzo, María Pichín Rodríguez, Iria Rivas Fernández, Marina Rojas Valladolid, Ariadna Vázquez Cabana
Colaboración especial: Sabela Ramil Rivera