Share
24/04/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Nove espellos

  • Un espectáculo de danza de Óscar Cobos Compañía de Danza

Nove espellos
Rede galega de teatros e auditorios

NOVE ESPELLOS é unha viaxe polo multiverso do eu-non-consciente, un espazo onde o todo e a nada son o mesmo, onde se recrean medos, desexos, fracasos, ausencias, acertos, alegrías e tristezas, onde a música que todos levamos dentro pode chegar a converterse nun ruído insoportable, onde un sorriso pode converterse en algo irrecoñecible, onde as liñas se deforman creando formas que soamente son posibles nun espazo-tempo ilimitado, onde un berro imposible deixa que o eu máis esencial se faga presente, desposuído de calquera imposición procedente do mundo da razón. É a liberdade absoluta que cada persoa crea nun mundo feito á nosa medida, onde procesamos as emocións e os recordos que experimentamos no universo do eu-consciente.

 

Ficha artística

Autoría, dirección e escenografía: Óscar E. Cobos Martínez

Deseño son: Francisco Alvarellos

Deseño iluminación: A Lourensa

Vestiario: Óscar E. Cobos Martínez e Carolina Díguele

Música: Serxio Cobos, Ivan Costa, Miguel Tenorio, Manolo Covas.

Coreografía: Óscar E. Cobos Martínez, Ariadna Vazquez e Squío Carral

Elenco artístico: Óscar Cobos, Ari Vazquez e Squío Carral