Share
01/08/2025 - 12:00h | CPI Pío Cabanillas | Dozón

Nova fábrica de feitizos

  • Espectáculo de maxia a cargo da Maga Fani

Nova fábrica de feitizos
Cultura no Camiño

Benvidos e benvidas ó lugar de transformación dos  procesos imaxinativos:  á “Nova Fábrica de Feitizos”.

 Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos, das situacións inesperadas, do humor e da participación do público, apoiada en todo tipo de trebellos para narrar as surrealistas aventuras e desventuras dunha ilusionista.

 Ilusións cargadas de momentos imprevisibles, nun acto escénico con produción de estímulos engaiolantes.