17/03/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Nouvelle Vague
Richard Linklater, 2025
Fóra de serie
Segue as circunstancias da produción da mítica ópera prima de Jean-Luc Godard, Al final de la escapada, sen obsesionarse pola reconstrución da rodaxe secuencia a secuencia, nin caer nas trampas do biopic haxiográfico. Cun punto didáctico, pero nunca enciclopédico, ante todo Nouvelle Vague é o retrato dunha xeración de cineastas que cambiou a sétima arte con altas doses de traballo duro e paixón. Destacan a interpretación do debutante Guillaume Marbeck como Godard, cravando a voz e xestos do realizador; e a reconstrución do París da época, cunha asombrosa combinación de fotografía en branco e negro e trucaxes dixitais nos exteriores apenas perceptibles.