08/11/2025 - 20:30h
| Teatro Jofre
| Ferrol
Noso
Espectáculo teatral a cargo de Os Náufragos

Rede galega de teatros e auditorios
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.
NOSO é a nova peza teatral para adultas de 'Os Náufragos Teatro', unha dramedia familiar ambientada nas mobilizacións do rural contra os parques eólicos.