26/01/2024 - 20:30h
| Teatro Rosalía Castro
| A Coruña
Non é unha canción
Espectáculo teatral a cargo da compañía Souvenir

Rede galega de teatros e auditorios
Dúas actuantes, David e María, collidas da man e vestidas para ir de vacacións, preséntanos o espectáculo que imos ver. Algo raro pasa entre elas, pero non é posíbel entender o que. Algo raro lle fixeron ao espazo ou o espazo está a facer algo raro con David e María. O universo que habitan responde a unhas leis internas imposible de descifrar, pero que resultan inquietantemente familiares. A chegada de dous manequíns iniciará un proceso de non retorno para expulsar as actuantes de escena.