Share
11/08/2024 - 22:30h | Praza de España | Monforte de Lemos

Nómade Trío

  • Espectáculo de Música a cargo de Rosa Cedrón

Nómade Trío
Cultura no Camiño

Rosa Cedrón presenta Nómade, un libro de rexistros que describe as luces e as sombras atopadas nunha viaxe ao máis profundo da propia identidade. Gravado na Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e o inconfundible selo de Sergio Moure de Oteyza, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada dos seus xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, dános o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tormentas ata a serenidade do amencer que se fortalece, aliviando feridas do pasado e curando o presente. En Nómade atoparemos un mar de emocións no que poderemos navegar como protagonistas únicos de cada historia contada en cada porto feita en canción.