Share
19/11/2022 - 23:30h | Club Clavicémbalo | Lugo

Night Court

  • Concerto a cargo de Mr. River

Night Court
Rede galega de música ao vivo

MR. RIVER naceu da fusión de diferentes estilos musicais como Jazz, Rock, Blues, Flamenco, Funk, música tradicional galega e influencias de músicos e bandas como; Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons, Scott Henderson, Pat Metheny, Chick Korea, John Scofield, Larry Carlton, Jaco Pastorius, Marcus Miller, Victor Wooten, Dave Weckl, The Aristocrats, Uzeb .... creando así unha diversidade de composicións orixinais, baseadas nas experiencias e sentimentos do compositor, dando lugar a un estilo propio, chamado "River Style" (son americano feito en Galicia).

A banda formouse en Pontevedra a finais de 2017 xunto a Miguel Del Río compositor dos temas e guitarra, Santi Mar San ao baixo e Manuel Bastón Lamas á batería.

En febreiro de 2022 MR. RIVER publica o seu terceiro EP con catro sinxelos; "Night Court" que dá título ao EP "Bellmore 242", "Latin King" e "Outlander".