Neutrx
Espectáculo de danza a cargo de Fran Sieira- Compañía de danza

“NeutrX” é unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 14 minutos de duración con música inédita de Xisco Feijoó e Carlos Quintá, cun elenco de seis bailadoras e bailadores baixo a dirección artística de Fran Sieira, onde cuestionamos os roles de xénero no baile tradicional galego. Dende a posta en escena, caracterización, vestiario e pasos de baile…, todo pon en tela de xuízo o rol de xénero preconcevido dentro do baile tradicional.
Esta peza é froito dun proceso de investigación a través dunha residencia artística de 15 días onde a compañía experimentamos con danzas características do noso folclore onde estaban, e incluso, a día de hoxe seguen a estar, limitados os roles de xénero; así como estilos e xeitos de bailar que puideran ser característicos de cada un dos roles tradicionais, buscando, deste xeito, unha nova linguaxe máis inclusiva, afastada de estereotipos, buscando unha calidade do movemento desligada da relación das bailadoras e bailadores co xénero.