14/11/2025 - 12:00h
| Forum Metropolitano
| Betanzos
A nena que vivía nunha caixa de mistos
Espectáculo teatral a cargo de Caramuxo Teatro

Rede galega de teatros e auditorios
A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con "As fabas máxicas" , continuou con "Feo" (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.
A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Chistian Ándersen.
Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.
Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro cunha gran caixa de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece un ganso e unha gata que mudarán a súa vida para sempre.