Share
06/05/2023 - 20:00h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

A nena que vivía nunha caixa de mistos

  • Espectáculo de Caramuxo Teatro

A nena que vivía nunha caixa de mistos
Rede galega de teatros e auditorios

A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con As fabas máxicas , continuou con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender  mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño.

Elenco: Laura Sarasola e Juan Rodríguez (manipulación monicreques)