Share
17/11/2024 - 18:00h | Pazo da Cultura | Narón

A nena e o grilo camiño das cores

  • Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda das Apertas

A nena e o grilo camiño das cores
Rede Galega de Teatros e Auditorios

A nena e o grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda das Apertas en directo. É a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O país das apertas, A nena e o grilo nun barquiño e A nena e o grilo máis aló. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena xunto coa Banda das Apertas que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar para viaxar ao País das Apertas!