03/02/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Naves misteriosas
Douglas Trumbull, 1972
Territorios mutantes
Un científico mantén nunha nave espacial un conxunto de espécimes de flora e fauna que funcionan como unha sorte de Arca de Noé logo de que a vida na Terra sexa xa só artificial e esas especies se extinguiran. Cando recibe ordes de destruír o bosque, a súa negativa enfróntao cos demais membros da tripulación.
Clásico do xénero de ciencia-ficción. Amais dunha mensaxe ecoloxista adiantada ao seu tempo, Naves misteriosas conta cuns magníficos efectos especiais. Un dos dous únicos filmes que dirixiu Douglas Trumbull, especialista nesta área, responsable das trucaxes visuais en fitas como 2001: una odisea del espacio (1968) ou Blade Runner (1982).