Share
04/10/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal | Vilagarcía de Arousa

Nasa se sabe

  • Espectáculo teatral a cargo de Culturactiva

Nasa se sabe
Rede galega de teatros e auditorios

Nada se sabe é unha coprodución do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións nominada aos Premios María Casares.

Nada se sabe baséase na obra A Taberna de Clitia, de Manuel Lourenzo, que é unha adaptación das obras A cura en Troia de Seamus Heaney e Filoctetes, de Sófocles, na que se recollen os elementos fundamentais desta traxedia grega.

Nada se sabe fala, a priori, das persoas desprazadas pola sociedade, pero, sobre todo, dos homes e mulleres imprescindibles que, a pesar de estar na soidade máis absoluta contra a súa vontade, resisten.

A fábula constrúese a partir das dúbidas que enfrontan a Neptólemo e Filoctetes, o primeiro para ser fiel ós seus propios valores, renunciando a enganar ó solitario penitente, e o segundo para aceptar o seu propio destino e ir na axuda de aqueles que tanto agravio lle causaron nun pasado que aínda é presente. A peza clásica fala de Filoctetes, un dos imprescindibles, que ha de pasar pola dor física e o moral, pola dor psíquica terrible de verse abandonado polos seus mellores aliados e quedar só envolto na súa propia soidade, berrando a ninguén esa mesma soidade e ese mesma dor. Porén, Neoptólemo, aínda que inicialmente engana a Filoctetes, desenvolve unha amizade xenuína con el. A obra explora a moralidade das accións de Neoptólemo e como a compaixón e a empatía poden superar a astucia e a manipulación.

O texto propón unha lectura crítica de situacións e conflictos, relativizando os motivos que uns e outros esgrimen para encherse de razón, sen evitar algunhas referencias, tanxenciais e indirectas, á situacións actuais, condensando o esencial do texto clásico, cun diálogo máis fluído e unha acción moito máis dinámica.