Nanai da China | Pérez&Fernández

Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir «non!» e axudarlle a seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, en compañía de Chispum, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra esta estúpida superstición da xente, Nanai e seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería.
Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar no que se fusionan os monicreques e os actores para representar esta orixinal historia, chea de maxia, aventuras e humor.
A PARTIR DE 5 ANOS
TEATRO DE MONICREQUES E ACTORES
45 MINUTOS
Autoría: Xabier Romero Victoria Pérez
Dirección: Victoria Pérez
Escenografía: Montse Piñeiro
Iluminación: Montse Piñeiro
Son: Xabier Romero
Vestiario: Pérez&Fernández
Música: Xabier Romero
Monicreques: Iria Fafián, Montse Piñeiro
Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández