Share
23/11/2024 - 18:30h | Fórum Metropolitano | A Coruña

Nanai da China

  • Pérez & Fernández

Nanai da China
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Nanai da China é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños rexeitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que… non sae todo o tempo tan ben como debería… "Nanai da China" é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor.