14/02/2025 - 19:00h
| Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía
| Arteixo
Nanai da China
Pérez & Fernández

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana desde o seu nacemento por pura superstición. Ela só sabe dicir "non!" e axudarlle a seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, en compañía de Chispum, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra esta estúpida superstición da xente, Nanai e seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería.
Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar no que se fusionan os monicreques e os actores para representar esta orixinal historia, chea de maxia, aventuras e humor.