Share
24/01/2025 - 18:30h | Casa da Cultura Pintor Lloréns | Sada

Nana para un soldado

  • Espectáculo infantil de Teatro Ghazafelhos

Nana para un soldado
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Relata o encontro no fronte de dous soldados inimigos, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.

Ghazafelhos parte de algo tan forte como é unha guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento e a vida, para facer unha reflexión sobre  o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respetarse.

"A guerra non é un lugar. A  guerra non  chega ou se vai... pero esta aí... habita nos corazóns  atrincheirados e nas mentes con metralla...”

Dous soldados coinciden no fronte. O fronte é a casa  de Aurora que espera un bebé. O bebé espera os dous soldados...