Share
06/06/2025 - 20:00h | Cine Alfonsetti | Betanzos

Nai + Véxote + Pura

  • Curtas Sesión 1

Pura
Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego

As curtametraxes de ficción e animación finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo forman parte do Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Axencia Galega das Industrias Culturais.

Os traballos agrúpanse en dúas sesións, de xeito que nesta Curtas Sesión 1 proxéctanse:

NAI

Ficción. Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla.

Dirección: Tito Refoxo

VÉXOTE

Ficción. David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse.

Dirección: Óscar Pardo Cartelle

PURA (na imaxe). Premio Mestre Mateo 2025 á mellor curtametraxe en imaxe real

Documental. Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas.

Dirección: Carmen Méndez