23/02/2025 - 19:00h
| Casa da Cultura Pintor Lloréns
| Sada
Nabiza Girl II
Estrea dunha nova aventura de Nabiza Girl, con Isabel Risco e Alberte Bello

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Pensabades que morrera, pero estaba de parranda!
A máis importante superheroína galega é ben poderosa e supera todas as adversidades. Volve aturuxar dende o cumio do Pindo a nosa Nabiza Girl acompañada nesta aventura polo seu fiel escudeiro, Don Galizo, para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra.
Nesta nova odisea as nosas superheroínas pasarán por un feixe de situacións disparatadas nas que Nabiza deberá empregar todas as súas habilidades para sobrevivir e vencer ao inimigo para salvarnos.
Isabel e Alberte achegan unha comedia valente, destemida, arriscada e chea de sorpresas nun espectáculo cheo de feminismo, reivindicación do galego e do noso medio; pero cargado, sobre todo, de gargalladas e humor.